Temos novas na aldeia:
Vese que non cumpren nin unha chisquiña do que din...xa temos copago, pero ollo non é sanitario, é farmacéutico, seica non é o mesmo.
Así que agora terán que pagar os medicamentos os pensionistas, que son os máis avariciosos, e a outra é, que os inmigrantes e os maiores de 26 anos sen traballo, que lles dean, a eles nin medicamentos nin asistencia.
Parece que temos que recortar 10.000 millóns en sanidade e educación, así que, ¿Qué faremos? pois emigrar, ¡Que imos facer!.Así que agora terán que pagar os medicamentos os pensionistas, que son os máis avariciosos, e a outra é, que os inmigrantes e os maiores de 26 anos sen traballo, que lles dean, a eles nin medicamentos nin asistencia.
Mentres, o rei vaise cazar elefantes, pero bueno pide disculpas e tira para adiante.
Repsol perde a súa posición de gran lobby monopolístico en Arxentina, e Esperanza Aguirre chama populista a Cristina Fernández.
A prima de risco non baixa nin de coña, e ben, non vou seguir... aqui, na aldeia, temos dous problemas ben gordos, o paro e a clase política, que mal que ben, merecen o exterminio, vamos, que falo de xusticia redistributiva.
















































